lunes, 27 de febrero de 2012

10)CONEXIÓN DE REDES

Redes inarámicas.
Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
As tecnoloxías que permiten a conexión sen cables, baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas; as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos, como WiMAX


Conexión a través da liña telefónica cun router.

Este dispositivo permite unir ordenadores (ten un conector RJ-45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este ultimo o é motivo polo que existe un router ADSL que permite realizar a conexión a internet a través de linea a telefónica.
O router tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senónunicamente ao destinatarios, evitando deste modo que esta transferencia de información innecesaria pola rede, de feito podería chegar a colapsala.
O router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa.


Conexión a través de cable cun cable-módem.

Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar o cable, habitualmente coaxial. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios, na cal moitos usuarios comparte o mesmo cable, polo que se diminúe a taxa de tranferencia a medida que se conectan outros usuarios.
Aínda que o modem cable demodular/modula a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede, posto que o modem cable se conecta directamente cun Sistema de Terminación de Modém Cable, e só co poderase realizar a transferencia de información.


Conexión vía satélite.
A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; é unha conexión hibrida, posto que o usuario recibe a información vía satélite pero a envía vía terrestre. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade de conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información e que utilice a vía terrestre para un volume pequeno de información.
Esta tecnoloxía esta en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas de cableado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario