jueves, 7 de junio de 2012

titorial en audacity

realizar un titorial que nos explique como funciona audacity. Podedes realizalo empregando o procesador de texto, openofficewrite ou unha presentación en openofficeimpress.
Deben incluir imaxes descargadas de internet ou capturas de pantalla.
Deben incluir unha ligación a paxina oficial de audacity e a un lugar onde apareza recursos de audacity( outros titoriais, aplicación que empregen audacity, programas similares etc)

lunes, 30 de abril de 2012

Grabación de son

Dixitalización de son:


Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos seus sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización de son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ten xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos... .

A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro cada certo tempo e medir a intensidade do sinal analóxico. Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo, e cando maior sexa o rango para medir a intensidade, mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.





Formatos de son:

WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.

MIDI: nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordenes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que ten peor calidade.

MPS Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.

OGG: formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral deGNU.

WNA: estes son os arquivos de audio do reprodutor de windowsmedia; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio: é un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.

Grabaciones:

Música:

Audacity: é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos, Está dispoñible para Windows e para Linux.


CD de audio

Pódense utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta unidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta se son e pulsar sobre de "gravar" para realizar a gravación.



Voz:

Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.
En Windows, o reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3.
En linux, é Sound Joicer.


Tarxeta de son:





jueves, 22 de marzo de 2012

4 Impresora e Escaner

  • Resolución, ¿En qué se mide? e ¿En qué se diferencia a dunha impresora da dun escáner?: 
 -A resolución fai que a calidade das imaxes obtidas dependa directamente dela.
-A resolución do escáner mídese en puntos por polgada (ppp); canto maior sexa este valor, máis puntos gráficos terá a imaxe no mesmo espazo físico, é dicir: maior ou menor calidade.

-A diferencia está, en que a impresora, aparte de que a resolución pódese medir en PPP, tamén se pode medir en dpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha pulgada. 

  • Unidades da velocidade de impresión:
A velocidade pódese medir en cps (caracteres por segundo) ou, o que é máis frecuente hoxe en día, en ppm (páxinas por minuto).

  • Funcionamento da impresora láser:
O funcionamento das impresoras laser e o seguinte:
  1. o procesador da impresora decodifica os datos que veñen do ordenador e controla o raio laser.
  2. o papel cubrese de cargas electricas.
  3. as particulas de papel que son alcanzadas polo laser perdén a sa carga electrica.
  4. se esparce polo papel un po negro polas parte onde no hai carga electrica.
  5. o papel pasa por uns rodillos que fixan o po negro por medio de calor e presión

  • Funcionamento do escáner:
 O proceso de dixitalización dunha imaxe consta de dúas partes:

1) Transformación da imaxe en sinais eléctricos; para este labor, o escáner dispón de sensores CCD (Chrage Coupled Device) que reciben a luz reflectida pola imaxe nun xogo de espellos. Estes sensores son capaces de diferenciar a intensidade e a cor da imaxe.


2) Conversión dos sinais eléctricos creados polos sensores CCD en información dixital; esta tarefa é realizada por un convertedor analóxico/dixital denominadoDAC (Dixital Analog Converter).

  • Funcionamento do Plotter: 
Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asisitido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos... cunha excelente calidade.
Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos,curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.

  • Técnica do microfilme.
esta tecnica utilizase habitualmente en bancos e bibliotecas xa que permite almacenar información nun espacio reducido. As páxinas de información son fotografiadas mediante unha camara especial e se transforma en imaxes de 15 cm2 que despois son agrupadas en fichas, para ler estas fichas necesitan un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada nunha pantalla

composición



Non me funciona a opción desaturar

jueves, 1 de marzo de 2012

6) DISCOS ÓPTICO

Dí todo o que saibas dos seguintes discos ópticos


CD ROM, CD R E CD RW




O CD-ROM contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. Esta característica, unida á súa gran capacidade e a que a información gravada nel pode ser de distinta natureza, fan do CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos... . A información dun CD-ROM esta almacenada nunha soa cara. A superficie dun CD-ROM é de aluminio refectante e esta recuberto de dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos díxitos binarios.



Unha unidade gravadora (CD-R) é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD e, ademais, escribir (gardar) información sobre un CD virxe.

As unidades regravadoras (CD-RW), ademais de poder ler e gravar como unha gravadora, son capaces de modificar a información gravada nun disco óptico. Pero para que isto sexa posible, o disco CD debe ser tamén regrabable, posto que, senón a unidade só podria gravar unha única vez no disco.

DVDROM.


Os discos DVD son, fisicamente, semellantes ás CD-ROMS pero a súa capacidade é moito maior ( varios GB, ata 17 GB) esta capacidade conséguea aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.


DVD grabables e regrabables.


DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB)
DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou dobre.
DVD+R: discos dun do uso, similares a os DVD-R, pero, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-video convencional.
DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD- RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores poden ser de capa simple (4,7GB) ou de capa doble(8,5GB)







BLU-RAY 


Blu-ray disc tamén coñecido como Blu-ray ou BD, é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade.
O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul cunha lonxitude de onda de 405 nanómetros, a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD, que ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros. Isto, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.4 8 Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser. A letra e da palabra orixinal blue foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar para un nome comercial unha palabra común.
Unha capa de disco Blu-ray pode conter ao redor de 25 GB ou preto de 6 horas de vídeo de alta definición máis audio; tamén está no mercado o disco de dobre capa, que pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S (54Mbps para BD-ROM).

lunes, 27 de febrero de 2012

10)CONEXIÓN DE REDES

Redes inarámicas.
Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
As tecnoloxías que permiten a conexión sen cables, baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas; as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos, como WiMAX


Conexión a través da liña telefónica cun router.

Este dispositivo permite unir ordenadores (ten un conector RJ-45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este ultimo o é motivo polo que existe un router ADSL que permite realizar a conexión a internet a través de linea a telefónica.
O router tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senónunicamente ao destinatarios, evitando deste modo que esta transferencia de información innecesaria pola rede, de feito podería chegar a colapsala.
O router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa.


Conexión a través de cable cun cable-módem.

Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar o cable, habitualmente coaxial. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre usuario e o provedor (punto a punto), senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios, na cal moitos usuarios comparte o mesmo cable, polo que se diminúe a taxa de tranferencia a medida que se conectan outros usuarios.
Aínda que o modem cable demodular/modula a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede, posto que o modem cable se conecta directamente cun Sistema de Terminación de Modém Cable, e só co poderase realizar a transferencia de información.


Conexión vía satélite.
A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; é unha conexión hibrida, posto que o usuario recibe a información vía satélite pero a envía vía terrestre. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade de conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información e que utilice a vía terrestre para un volume pequeno de información.
Esta tecnoloxía esta en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas de cableado.

jueves, 16 de febrero de 2012

9) TOPOLOXÍA DUNHA REDE

Definición detallada e debuxo esquemático das redes en anel e as redes en estrela.


Unha rede local pode instalarse de fustes maneiras distintas, e cada unha vés determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de trasferencia de información.







Rede en estrela: os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP



•Definición completa de hub e switch.

Un concentrador ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...) e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Un conmutador ou switch: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

8) REDES



•Redes locais LAN: definición, compoñentes, protocolo.


Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP,adquiriendo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets. Nunha internet, cada ordenador identifícase cunha dirección IP que ten que estar, obrigatoriamente, dentro duns rangos específicos, xa que deste modo se garante que non poida estar accesible dende internet.


•Tipos de cables de rede.




Cableado coaxial: Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente estan en desuso.




Cableado UTP: Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conector RJ-45.




Cableado de fibra óptica: a fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.

miércoles, 15 de febrero de 2012

7) MEMORIAS FLASH



•Características.


As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou bacteria que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. A vida da memoria flash non é indefinida: a cifra estra ente 100000 e 1000000 as veces que se poderá gravar información nela. Adoitan conectarse a un porto USB, dende o cal obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento.

•Funcionamento.

Como calquera outra memoria, a memoria flash esta constituída por celas nas que se garda a información que se qiere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash non é unha memoria RAM, posto que necesita enerxía de forma permanente para non perder os datos.

A causa de que non sexa perpetúa está, sobre todo, no desgaste que sofre cada cela ao gravar e borrar a súa información. Outra curiosidade é que o borrado de información se realiza cunha subministración elevada de corrente eléctrica, polo que resulta un proceso lento.

lunes, 13 de febrero de 2012

5) DISCOS MAGNETICOS

•Estrutura dun disco magnético.


A estrutura física dun disco magnético é similar en todos eles, están compostos por:
Caras: son as superficies superior e inferior de cada disco.
Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
Sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.
Cilindros: no caso de discos duros, e posto que estes teñen varios discos, aparece o concepto de cilindros para designar aos distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.




•Discos duros: como están formados e como almacenan información? ¿cal é a capacidade actual? Características e tipos de discos duros IDE.


Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
A información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de disco e a composión do material magnético determina capacidade do disco duro que pode ser ata de 1 TB.


Os discos IDE están formados por unha tecnoloxía que permite conectar ata catro disco con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; o ultimo en aparecer foi o Serial-ATA.

Discos duros: debuxo esquemático dos seus compoñentes.


3) MONITORES

¿qué é a frecuencia e qué ocurre nun monitor que ten unha baixa frecuencia?


A frecuencia (Hz), que indica o número de veces que se mostra as imaxes nun segundo; un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a imaxe e que a vista teña que esforzarse mais do habitual.


¿qué dous parámetros obligan a que a tarxeta gráfica e o monitor sexan
compatibles? ¿por qué?


As filas e as columnas obrigan que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.


¿qué é a resolución dun monitor?


A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como produto do número de liñas (filas) polo numero de pixeis de cada unha delas (columnas).


¿como se define o número de colores?


Para que a imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel. O número de cores defínese como 2 elevado ao número de Bits necesarios por cada pixel.


¿como inflúen o microprocesador gráfico e a RAM gráfica(tamén chamada
memoria de vídeo) na visualización de imaxes?


A velocidade de creación de imaxes só dependes do microprocesador gráfico propio da tarxeta de vídeo, e non da cantidade de memoria RAM gráfica; esta ultima afecta, unicamente, á resolución e ao número de cores que poden activarse.

jueves, 9 de febrero de 2012

2) MONITORES: explica o funcionamento de cada un dele

Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raio catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente, a ilumina, formándose a imaxes.
Pantallas planas de TFT: están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo..., e o conxuntos de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.


Pantallas planas de cristal liquido (LCD): estes monitores utilizan millóns de celas de cristal liquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.
Monitores de plasma: trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma)que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquiren cor, brillo, etc, necesarios para conformar a imaxe.

Monitores LED: As vantaxes da tecnoloxía LED permiten retroiluminar porcións pequenas da pantalla en lugar de franxas enteiras, como que se consegue unha iluminación maior e máis independente e se mellora o contraste real da imaxe. Ademais reduce o consumo eléctrico, ofrece un maior respecto polo medio e unha redución no grosor dos monitores. A tecnoloxía actual permite reducir a distancia devisionado

miércoles, 8 de febrero de 2012

1) DISPOSITIVOS DE ENTRADA: explica qué son, características e para qué se empregan

Lector de código de barras:  son un conxunto de liñas verticais de cor negra que teñen distintos grosores. Adoitan utilizarse en almacéns, supermercados, tendas, etc, para identificar objectos. Un lector de código de barras é un dispositivo capaz de ler e de interpretar a devandita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o produto ou información do.





Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel: (imaxes, debuxos...) e mesmo carácteres aínda que para iso é necesario un sistema de OCR. A calidade doescaner mídese en ppp e dpi.
Cando se escanea unha imaxe, o ordenador a converte nunha imaxe mapa bits, que posteriormente podrá ser retocada mediante un programa de debuxo. Inicialmente, si se escanea un texto o ordenador non o recoñece como tal, e non se podrá manipular cun procesador de textos; para que isto sexa posible ten que dispoñer dun programa de recoñecemento óptico de carácteres (OCR). A calidade de dito programa influira decisivamente sobre a calidade do texto


Lector de banda magnética: A utilización das barras magnéticas utilízanse en tarxetas de crédito, tarxetas de indentificación persoal, etc. Os lectores de banda magnética son dispositivos capaces de ler a información gravada en dita banda.


Pantalla táctil: Ademas de mostrar a información, as pantalastactiles ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie.


Tablet PC:  Os tablet PC constitúen ultímaa evolución dos portátiles ou das PDA, adoitan ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos