CD ROM, CD R E CD RW
O CD-ROM contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. Esta característica, unida á súa gran capacidade e a que a información gravada nel pode ser de distinta natureza, fan do CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos... . A información dun CD-ROM esta almacenada nunha soa cara. A superficie dun CD-ROM é de aluminio refectante e esta recuberto de dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos díxitos binarios.
Unha unidade gravadora (CD-R) é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD e, ademais, escribir (gardar) información sobre un CD virxe.
As unidades regravadoras (CD-RW), ademais de poder ler e gravar como unha gravadora, son capaces de modificar a información gravada nun disco óptico. Pero para que isto sexa posible, o disco CD debe ser tamén regrabable, posto que, senón a unidade só podria gravar unha única vez no disco.

Os discos DVD son, fisicamente, semellantes ás CD-ROMS pero a súa capacidade é moito maior ( varios GB, ata 17 GB) esta capacidade conséguea aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
DVD grabables e regrabables.
DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB)
DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou dobre. DVD+R: discos dun do uso, similares a os DVD-R, pero, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-video convencional.
DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD- RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores poden ser de capa simple (4,7GB) ou de capa doble(8,5GB)

BLU-RAY
Blu-ray disc tamén coñecido como Blu-ray ou BD, é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade.
O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul cunha lonxitude de onda de 405 nanómetros, a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD, que ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros. Isto, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.4 8 Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser. A letra e da palabra orixinal blue foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar para un nome comercial unha palabra común.
Unha capa de disco Blu-ray pode conter ao redor de 25 GB ou preto de 6 horas de vídeo de alta definición máis audio; tamén está no mercado o disco de dobre capa, que pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S (54Mbps para BD-ROM).

No hay comentarios:
Publicar un comentario