Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raio catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente, a ilumina, formándose a imaxes.
Pantallas planas de TFT: están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo..., e o conxuntos de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.
Pantallas planas de cristal liquido (LCD): estes monitores utilizan millóns de celas de cristal liquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.
Monitores de plasma: trátase tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma)que, en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquiren cor, brillo, etc, necesarios para conformar a imaxe.
Monitores LED: As vantaxes da tecnoloxía LED permiten retroiluminar porcións pequenas da pantalla en lugar de franxas enteiras, como que se consegue unha iluminación maior e máis independente e se mellora o contraste real da imaxe. Ademais reduce o consumo eléctrico, ofrece un maior respecto polo medio e unha redución no grosor dos monitores. A tecnoloxía actual permite reducir a distancia devisionado




No hay comentarios:
Publicar un comentario