jueves, 22 de marzo de 2012

4 Impresora e Escaner

  • Resolución, ¿En qué se mide? e ¿En qué se diferencia a dunha impresora da dun escáner?: 
 -A resolución fai que a calidade das imaxes obtidas dependa directamente dela.
-A resolución do escáner mídese en puntos por polgada (ppp); canto maior sexa este valor, máis puntos gráficos terá a imaxe no mesmo espazo físico, é dicir: maior ou menor calidade.

-A diferencia está, en que a impresora, aparte de que a resolución pódese medir en PPP, tamén se pode medir en dpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha pulgada. 

  • Unidades da velocidade de impresión:
A velocidade pódese medir en cps (caracteres por segundo) ou, o que é máis frecuente hoxe en día, en ppm (páxinas por minuto).

  • Funcionamento da impresora láser:
O funcionamento das impresoras laser e o seguinte:
  1. o procesador da impresora decodifica os datos que veñen do ordenador e controla o raio laser.
  2. o papel cubrese de cargas electricas.
  3. as particulas de papel que son alcanzadas polo laser perdén a sa carga electrica.
  4. se esparce polo papel un po negro polas parte onde no hai carga electrica.
  5. o papel pasa por uns rodillos que fixan o po negro por medio de calor e presión

  • Funcionamento do escáner:
 O proceso de dixitalización dunha imaxe consta de dúas partes:

1) Transformación da imaxe en sinais eléctricos; para este labor, o escáner dispón de sensores CCD (Chrage Coupled Device) que reciben a luz reflectida pola imaxe nun xogo de espellos. Estes sensores son capaces de diferenciar a intensidade e a cor da imaxe.


2) Conversión dos sinais eléctricos creados polos sensores CCD en información dixital; esta tarefa é realizada por un convertedor analóxico/dixital denominadoDAC (Dixital Analog Converter).

  • Funcionamento do Plotter: 
Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asisitido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos... cunha excelente calidade.
Un plotter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos,curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.

  • Técnica do microfilme.
esta tecnica utilizase habitualmente en bancos e bibliotecas xa que permite almacenar información nun espacio reducido. As páxinas de información son fotografiadas mediante unha camara especial e se transforma en imaxes de 15 cm2 que despois son agrupadas en fichas, para ler estas fichas necesitan un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada nunha pantalla

composición



Non me funciona a opción desaturar

jueves, 1 de marzo de 2012

6) DISCOS ÓPTICO

Dí todo o que saibas dos seguintes discos ópticos


CD ROM, CD R E CD RW




O CD-ROM contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada. Esta característica, unida á súa gran capacidade e a que a información gravada nel pode ser de distinta natureza, fan do CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos... . A información dun CD-ROM esta almacenada nunha soa cara. A superficie dun CD-ROM é de aluminio refectante e esta recuberto de dun material plástico que a protexe, alterna zonas lisas e marcas que representan aos díxitos binarios.



Unha unidade gravadora (CD-R) é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD e, ademais, escribir (gardar) información sobre un CD virxe.

As unidades regravadoras (CD-RW), ademais de poder ler e gravar como unha gravadora, son capaces de modificar a información gravada nun disco óptico. Pero para que isto sexa posible, o disco CD debe ser tamén regrabable, posto que, senón a unidade só podria gravar unha única vez no disco.

DVDROM.


Os discos DVD son, fisicamente, semellantes ás CD-ROMS pero a súa capacidade é moito maior ( varios GB, ata 17 GB) esta capacidade conséguea aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.


DVD grabables e regrabables.


DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4,7GB) ou de dobre capa (8,5GB)
DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces; tamén poden ser de capa simple ou dobre.
DVD+R: discos dun do uso, similares a os DVD-R, pero, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-video convencional.
DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD- RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores poden ser de capa simple (4,7GB) ou de capa doble(8,5GB)







BLU-RAY 


Blu-ray disc tamén coñecido como Blu-ray ou BD, é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade.
O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul cunha lonxitude de onda de 405 nanómetros, a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD, que ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros. Isto, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo.4 8 Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser. A letra e da palabra orixinal blue foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar para un nome comercial unha palabra común.
Unha capa de disco Blu-ray pode conter ao redor de 25 GB ou preto de 6 horas de vídeo de alta definición máis audio; tamén está no mercado o disco de dobre capa, que pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/S (54Mbps para BD-ROM).