jueves, 16 de febrero de 2012

8) REDES



•Redes locais LAN: definición, compoñentes, protocolo.


Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software axeitado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP,adquiriendo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets. Nunha internet, cada ordenador identifícase cunha dirección IP que ten que estar, obrigatoriamente, dentro duns rangos específicos, xa que deste modo se garante que non poida estar accesible dende internet.


•Tipos de cables de rede.




Cableado coaxial: Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente estan en desuso.




Cableado UTP: Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conector RJ-45.




Cableado de fibra óptica: a fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permite alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario