lunes, 13 de febrero de 2012

5) DISCOS MAGNETICOS

•Estrutura dun disco magnético.


A estrutura física dun disco magnético é similar en todos eles, están compostos por:
Caras: son as superficies superior e inferior de cada disco.
Pistas: son os círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
Sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.
Cilindros: no caso de discos duros, e posto que estes teñen varios discos, aparece o concepto de cilindros para designar aos distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.




•Discos duros: como están formados e como almacenan información? ¿cal é a capacidade actual? Características e tipos de discos duros IDE.


Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
A información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco; o número de disco e a composión do material magnético determina capacidade do disco duro que pode ser ata de 1 TB.


Os discos IDE están formados por unha tecnoloxía que permite conectar ata catro disco con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; o ultimo en aparecer foi o Serial-ATA.

Discos duros: debuxo esquemático dos seus compoñentes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario