jueves, 16 de febrero de 2012

9) TOPOLOXÍA DUNHA REDE

Definición detallada e debuxo esquemático das redes en anel e as redes en estrela.


Unha rede local pode instalarse de fustes maneiras distintas, e cada unha vés determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de trasferencia de información.







Rede en estrela: os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP



•Definición completa de hub e switch.

Un concentrador ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...) e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Un conmutador ou switch: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario